martes, 22 de marzo de 2011

BOB ESPONJA

O pasado venres recibimos a visita de Bob Esponja. Foi toda unha sorpresa!

martes, 15 de marzo de 2011

O ENTROIDO

Celebramos o Entroido con diferentes actividades: fixemos filloas, disfrazámonos e participamos dunha xornada festiva coas outras escolas do CRA. O día 4 de marzo foi cando nos xuntamos todas as escolas. Como o tema elixido era a auga alí fomos vestidos de mar, río, praia, nubes e equipo de piscina.
Recibimos a visita de DROP e cantamos as nosas cancións. Logo participamos en distintos xogos, merendamos e bailamos. ¡Foi moi divertido!

domingo, 13 de febrero de 2011

SAÍDA A BUÑO






Dentro do proxecto "De maior quero ser..." fomos a ver o traballo dos oleiros a Buño.

NADAL 2010-11

martes, 23 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O MAGOSTO




O pasado 12 de novembro fomos ao colexio Xosé Pichel para celebrar o magosto. Ademais de comer castañas compartimos xogos e vimos moi de cerca como é un colexio grande.