jueves, 16 de junio de 2011
O NOSO ESPANTALLO
Durante estas semanas estivemos a facer un espantallo. A idea xurdiu a raíz da visita ao invernadoiro de Fonteboa (Escola de formación agraria que temos xusto ao lado). Hoxe Pablo, un rapaz que estuda o ciclo de grao superior e que xa é o noso amigo veu recollelo. Despedímonos cantando a canción do espantallo e con algo de pena... mais sabemos que alí será máis útil
viernes, 3 de junio de 2011
A CASA DOS PEIXES
A saída a A CASA DOS PEIXES supuxo unha gran vivencia para todos nós. Os animais estrela foron as quenllas e as focas. Sen dúbida recordaremos por tempo esta visita.
jueves, 28 de abril de 2011
EXPOSICIÓN DE TRACTORES
Hoxe no centro de formación agraria Fonteboa había unha exposición de tractores.Cando saimos ao xardín invitáronnos a vela e non o dubidamos. Deixáronnos subir neles e explcáronnos algunhas cousas. Grazas viciños!!!
martes, 29 de marzo de 2011
SAÚDE BUCODENTAL
A semana pasada veu a farmacéutica de Rabadeira para explicar como coidar a boca e moi especialmente os dentes. Foi unha clase para pequenos e maiores. ¡Moitas grazas a todos!
martes, 22 de marzo de 2011
RECEITA NO FORNO SOLAR
Con esta actividade ademais de aprender unha receita nova comprobamos o funcionamento do forno solar. O termómetro do seu interior chegou marcar 150º e as mazás asadas fixeronse ben. ¡Que invento!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)