domingo, 30 de marzo de 2014

Aprendemos outros paises e culturas

Aproveitando que estamos estudando as diferentes culturas, decidimos investigar sobre tradicións e costumes doutros países.Cada neno e nena escolleu o país que prefería e buscou información sobre el para logo explicarllo a todos na clase.Gracias ás familias pola colaboración e a axuda.

Investigando sobre o espacio

Levamos unhas semanas investigando sobre os planetas e o universo,descubrimos como se move a terra, a lúa, a orixe das estacións do ano, do día e da noite... Escribimos nunha nave espacial a quen levariamos ao espacio se algún día fosemos a outro planeta.Queredes ver o que contestaron? Aquí vos deixo as fotos e dende aquí dou as gracias as familias que nos aportaron materiais sobre este proxecto.

visitounos Chanel !!

Hola a tod@s, seguro que estades pensando quén é Chanel... pois a nova cadeliña de Claudia, que nola trouxo un día a escola para que todos a coñeceramos, aínda é moi pequeniña e tivemos que ter coidado de non pisala!!.A ver se nos visita mais veces e vemos como vai medrando. Que sorte ten Claudia por ter unha cadeliña tan fermosa e boa ...

Día do pai

O pasado 19 de marzo foi o día do pai e desde a escola de Feiranova tódolos nenos e nenas quixeronlle facer uns agasallos Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades o que fixeron estes pequenos artistas

viernes, 14 de marzo de 2014

saíu o sol!!

Despois de tanta choiva, por fin saíu o sol!! e aproveitamos para merendar no xardín da escola e xogar a todas aquelas cousas que non podíamos dentro de clase como ao fútbol, a baixar polo tobogán, montar nos columpios... Aquí vos deixo unhas fotos do ben que o pasamos.