viernes, 18 de marzo de 2016

visita ao MUPEGA



O pasado 23 de febreiro, todo o CRA visitamos o MUPEGA, alí puidemos ver como eran as escolas antigamente así como diversos mapas e xoguetes antigos entre outas cousas .Incluso saimos na televisión galega!.Os nenos e nenas tamén fixeron diversos xogos con mapas e con puzzles.
Aquí podedes ver algunhas das fotos que fixemos.


































miércoles, 16 de marzo de 2016

Experimentando cos sabores e os olores

Estes días estamos traballando os alimentos e a profe Loli trouxo un montón de aromas e produtos para que os nenos e nenas aprendan a diferencialos polo olor e o sabor.
Aprenderon a distinguir os sabores salgado, doce, ácedo, picante...
Coñeceron especias, legumes, cereais...
Moitas gracias á profe Loli por facer estas actividades tan interesantes e ás familias por traer diferentes produtos.

















jueves, 18 de febrero de 2016

Festival de entroido




O pasado 5 de febreiro celebramos o entroido todas as escolas do CRA en servizos múltiples de Coristanco.Este ano o tema foi o cine e cada escola fixo unha película.A nosa escola e a  de Oca fixemos uns anuncios de froita e de cola cao.
Houbo un concurso de disfraces das familias  e o premio foi para os piratas do caribe da escola de Oca, dende aquí damoslle a noraboa polo ben que o organizaron.
Todos os nenos e nenas das escolas  pasaron pola alfombra vermella e recolleron un Oscar.
Fixemos unha merenda todos xuntos e pasamolo de maravilla bailando cos  disfraces.
Houbo unha actuación estelar dos Beatles e todo!
Esperamos que o pasarades moi ben tanto os nenos como as familias e aquí vos deixo as fotos dese día.