martes, 23 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O MAGOSTO




O pasado 12 de novembro fomos ao colexio Xosé Pichel para celebrar o magosto. Ademais de comer castañas compartimos xogos e vimos moi de cerca como é un colexio grande.

jueves, 28 de octubre de 2010

DECORAR REUTILIZANDO

Entre todos e todas pouco a pouco imos decorando a nosa escola. Esta semana estivemos facendo uns cadros para os aseos. Para iso empregamos bandexas das que dan nos supermercados con alimentos. Pegámoslles uns debuxos e pintamos con “Alkyl”. Noemí está a facer con todas estas actividades un libro de manualidades. ¿Qué vos parecen?   

miércoles, 27 de octubre de 2010

VISITA Á PANADERÍA ROISER

A semana pasada tivemos a oportunidade de ir a unha panadería. Foi unha saída moi especial. Vimos o proceso de elaboración do pan e doutros produtos como: empanadas ou xeados. Tivemos a sorte de exercitar todos os sentidos: vista, olfacto, oído, tacto e GUSTO… Grazas ROISER.

jueves, 14 de octubre de 2010

MACEDONIA DE OUTONO

Cociñar na escola é unha das actividades preferidas dos nenos e as nenas. Ademais de pasar un bo rato permítenos traballar un montón de aspectos: vocabulario, cores, texturas, formas, tamaños, unidades de medida, habilidades manuais…


viernes, 24 de septiembre de 2010

INICIAMOS UN NOVO CURSO

Ola a todos os lectores:

Despois das vacacións tan soleadas que tivemos empezamos de novo as clases e con elas novas aventuras, retos, vivencias, sorpresas,…Agardamos que cada día sexa un día especial. Algúns compañeiros do curso pasado marcharon ao “cole de maiores”. A mestra destes últimos cursos Loli está agora en A Coruña.  Dende aquí queremos enviarlles un bico moi grande pois acordámonos moito de todos eles.

Feliz curso 2010-11