O pasado día 8 de marzo foi o día da muller traballadora e na nosa escola quixemos facerlle un pequeno diploma ás mamás xa que todas traballan moito e todolos nen@s da escola están moi orgullosos de elas e por iso quixeron regalarlle esta tarxetiña co nome das suas mamás e un debuxo delas que podedes ver a continuación.
Despois de moito esperar por fín podedes ver as fotos do entroido.
Que ben o pasamos neste circo que creamos entre todos con tanta ilusión, esperamos que vos gustase!! Aquí vos deixo as fotos dese día.
O pasado 21 de febreiro celebramos o cumple de Claudia,trouxo uns paquetes de chuches para todos e fixo unha postal moi fermosa para toda a clase, esta Claudia está feita toda unha artista!.
Cantamos o cumpreanos feliz, bailamos xuntos e todos lle quixeron dar un bico e un abrazo.
Esperamos que cumpras moitos moitos máis e que disfrutases moito do teu cumpre.
Os venres facemos plástica na clase e como estamos no inverno os nenos e nenas de infantil quixeron facer un boneco de neve e os maiores uns cadros con papeis de cores, que divertido foi traballar e axudarse entre todos e este foi o resultado
O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da paz, aprendemos un poema , fixemos debuxos e cantamos cancións relacionados coa paz.
Aquí podedes ver as fotos esperamos que vos gusten.