lunes, 29 de septiembre de 2014

comeza un novo curso

Hola todos e todas, xa empezamos un novo curso e aproveitamos para mandarlles un saúdo aos mestres que xa non están e aos compañeiros do ano pasado que se foron para o colexio Pichel.Esperamos que veñan a facernos moitas visitas.
Este ano somos 9 nenos e nenas na escola, tres de elas novas: Xiana, Claudia e Alexia.
Esperamos este ano aprender moito e que o pasemos moi ben na escola todos xuntos.

viernes, 27 de junio de 2014

Remata o curso

Remata o curso e aproveito o blog para dar as gracias a todalas familias pola colaboración ao longo do curso e aos nenos e nenas polo traballo feito,o esforzo, a colaboración e as experiencias compartidas.
Botaremos moito de menos a Claudia,Izan,Daniel, Juan e Carlos e esperamos que lles vaia moi ben o curso seguinte no outro colexio, estamos seguros de que adaptaranse moi ben xa que son fantásticos.
Que pasedes un bo verán e espero que o próximo curso veñades coas pilas cargadas.
Remato cunha frase :
"A educación é a arma mais poderosa que se pode usar para cambiar o mundo"

FELIZ VERÁN!

"

Festa fin de curso

o venres 20 de xuño celebramos na nosa escola a festa de fin de curso.
Houbo actuacións, talleres, xogos , acto de graduación e merenda xunto coas familias.
Tamén despedimos aos nenos e nenas que para o curso que ven pasan para o colexio Alcalde Xosé Pichel, desexamos que lles vaia todo moi ben , botaremosvos moito de menos.Esperamos que o pasarades ben en fin de curso e ata o curso que ven

visitamos o acuario na Coruña

O pasado día 12 de xuño,visitamos o acuario da Coruña.
Os nenos e nenas aprenderon un montón de curiosidades do mundo marino e puideron xogar nun parque próximo á torre de Hércules. Pasamolo todos xenial e tivemos un día fantástico.