jueves, 18 de febrero de 2016

Festival de entroido




O pasado 5 de febreiro celebramos o entroido todas as escolas do CRA en servizos múltiples de Coristanco.Este ano o tema foi o cine e cada escola fixo unha película.A nosa escola e a  de Oca fixemos uns anuncios de froita e de cola cao.
Houbo un concurso de disfraces das familias  e o premio foi para os piratas do caribe da escola de Oca, dende aquí damoslle a noraboa polo ben que o organizaron.
Todos os nenos e nenas das escolas  pasaron pola alfombra vermella e recolleron un Oscar.
Fixemos unha merenda todos xuntos e pasamolo de maravilla bailando cos  disfraces.
Houbo unha actuación estelar dos Beatles e todo!
Esperamos que o pasarades moi ben tanto os nenos como as familias e aquí vos deixo as fotos dese día.





























jueves, 7 de enero de 2016

Festival de nadal

O pasado venres 18 de decembro todo o cra celebrou o festival de nadal, cada escola fixo unha actuación e despois entre todos comemos os lacasitos coas doce badaladas.Cada neno puido darlle a sua carta ao rei mago e falar con el e despois merendaron todos xuntos.Espero que disfrutasedes moito do nadal coas vosas familias.