jueves, 10 de mayo de 2018

Cumple de Angel Fondo!!!

O martes celebramos o cumple de Angel Fondo, que cumpliu 6 anos!!!
Trouxonos unhas galletas moi ricas, que disfrutamos mentres escoitabamos música e cantabamos cumpleanos feliz!!!
Antes de marchar, regalounos unha bolsiña de gominolas super bonita, e fomos encantados para casa!
Moitas grazas ÁNGEL!!!



















miércoles, 11 de abril de 2018

Plantamos na nosa horta!!!

En Feiranova xa temos unha horta pequeniña. Nela plantamos as habas que  tiñamos na aula xa un pouco crecidiñas. Tamén leitugas para facer ricas ensaladas. E onte plantamos cebolas e allos. Solo nos queda un oquiño de terra que será para as cenouras. Aínda que estas primeiro as vamos plantar en semilleiros na escola, para logo transplantalas á horta. Estamos moi contentos coa nosa hortiña. Estamos desexando que crezcan para levalas a casa e compartir coas nosas familias!!!






jueves, 15 de marzo de 2018

Xuntanza de Convivencia Marzo 2018




O martes viñeron á nosa escola todos os nenos e nenas do CRA. Celebramos o día da muller traballadora e a Semana da Prensa, compartindo as noticias que creamos sobre mulleres importantes da historia. Tras disfrutar da merenda e do recreo, tempo que aproveitamos para facer novos amigos, cada mestra leu un contiño de dita muller e puidemos elexir cal deles queriamos escoitar. Pasamolo xenial e temos ganas de repetir pronto. Encántanos estar todos xuntos!!!