miércoles, 17 de marzo de 2010

CONTAMINACIÓN

Esta semana estamos tomando conciencia do grave problema que supón "a contaminación" e este debate levounos a comezar un pequeno proxecto de reciclaxe de papel.
                                              
            Xa os ensinaremos o novo papel cando seque.



lunes, 15 de marzo de 2010

O INVERNADOIRO

Plantamos sementes aromáticas que nos regalou un trasno.

MURAL DOS PINGÜÍNS

Así quedou o mural que fixemos despois de facer de verdadeiros investigadores e aprendendo moitas cousas dos pingüíns: que comen, como son, onde viven, como nacen e moitas cousas máis.

viernes, 12 de marzo de 2010

AS LEGUMES CRECEN



Puxemos lentellas e fabas a xerminar. E polo de agora este é o resultado.

domingo, 7 de marzo de 2010

A PAZ



Os nenos/as pensaron o que significa para eles "PAZ" e así o plasmamos.