miércoles, 9 de octubre de 2013

CUMPLEANOS DE ÁNGEL

O luns 7, foi o cumple de Ángel o máis pequeno da nosa escola, todos lle cantamos o cumpleanos feliz e os nenos e nenas non aguantaron para abrir os agasallos que trouxera Ángel para todos.Regaloulles un "yoyó " e unha corda de saltar á comba, que agasallos tan bonitos non si? .Alegrame moito saber que os nenos e nenas de hoxe disfrutan aínda con estes xogos tradicionais espero que non se perdan nunca.Gracias Ángel e que cumplas moitos mais!.


UNHA MOREA DE LIBROS


Dende aquí quero dar as gracias á familia de Izan xa que nos trouxeron duas bolsas cheas de libros que tiñan na casa para que os nenos e nenas da nosa escola teñan mais libros para ler.Xa están todos desexando que chegue o venres para poder levar algún dos libros para casa e despois contalo na clase! .Gracias pola vosa colaboración!.

CHEGOU O OUTONO

Como xa todos sabemos chegou o outono e na nosa escola celebramos a chegada da nova estación recollendo follas no patio, castañas, piñas... cantando as cancións do outono que aprendemos estos días e facendo unha pequena dramatización utilizando a música das catro estacións de Vivaldi.
Estamos facendo un mural do outono que seguro que quedará xenial e que poderedes ver rematado mais adiante.Para que vexades canto traballan aquí van unhas fotos dos mais pequenos.Un saudiño a tod@s.

domingo, 6 de octubre de 2013

Un mercado na nosa escola

Esta semana estivemos xogando a mercar e vender cos productos que nos deron as familias , dende aquí quero dar as gracias a todas por traernos envases de productos para facer o noso mercado.
Os nenos e nenas pasarono moi ben facendo de tendeiros e compradores, o problema era que a algúns non lle chegaban os cartos para todo o que querían mercar e a outros costaballes un pouco cobrar e dar o cambio , vaya lio cos euros!! pero pouco a pouco foron aprendendo a sumar e restar coas moedas e os billetes e todos pasarono de maravilla como podedes ver nas fotos.Ata pronto!