domingo, 9 de febrero de 2014

cousiñas varias

Os venres facemos plástica na clase e como estamos no inverno os nenos e nenas de infantil quixeron facer un boneco de neve e os maiores uns cadros con papeis de cores, que divertido foi traballar e axudarse entre todos e este foi o resultado

Día da paz

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da paz, aprendemos un poema , fixemos debuxos e cantamos cancións relacionados coa paz.
Aquí podedes ver as fotos esperamos que vos gusten.

domingo, 2 de febrero de 2014

XOGANDO COAS LETRAS

Esta semana empezamos a xogar cunhas tarxetas con debuxos e nomes, lanzamos as tarxetas no rincón da asamblea e cada neno e nena ten que buscar unha letra, neste caso "A" que se agocha no nome de diversos obxectos e animais.Nerea Esmorís foi a que máis letras "A" atopou!! e todos lle demos un gran aplauso aínda que todos o fixeron moi ben.Esta semana cada nen@ terá unha caixa propia cun montón de tarxetas para poder xogar e aprender na clase.Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades con canto interés buscaban nas letras.

Visita á radio e a MUNCYT

Hola a tod@s, esta semana queremos amosarvos as fotos da última saída que fixemos á radio e a MUNCYT todo o alumnado do CRA, aínda que neste último sitio xa estiveramos non nos deu tempo a velo todo e por iso aproveitamos a visita á radio para volver e ver o que nos faltaba.Mereceu a pena xa que o pasamos moi ben e aprendemos un montón de cousas interesantes.
Esta foi unha saída especial xa que por primeira vez neste curso foron todos os alumnos da escola de feiranova xa que nas últimas saídas faltaron algúns nenos e nenas.
Deixovos as fotos espero que vos gusten.Un saúdo para tod@s

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow generated with Smilebox