jueves, 30 de mayo de 2013

A visita de Andy....

Estarédesvos preguntando quen é Andy.... pois mirade, aquí o tedes:



O papá de Claudia trouxo de visita a Andy. Para ser o primeiro día de vísita  portouse xenial, aínda que  escapaba de nós e metíase debaixo dos mobles.


Contounos o pai de Claudia que comía moita palla e pienso.
A todos nos gustou moito estar con él ese ratiño que nos visitou, esperamos que volva outro día a ver si medrou un pouquiño....




Unha sorpresa na nosa porta.....

Fai xa uns días pasou pola nosa escola a mascota da biblioteca.... sí, era 
Willy,deixounos na porta da escola un libro con moitas cousas para aprender.
O libro trataba de cousas moi interesantes, O mundo Exipcio. 


                     

 Antes de comezar o libro pregunteilles ós nenos "a qué lles sonaba esa 
palabra tan complica, Exipto". Algunhas das respostas dos nenos/as non
tiveron desperdicio. Todos coincidian en que alí había moita area.....sí señor, non ían moi desencamiñados.
Willy deixounos moi intrigados e decidimos buscar en internet.
Alí encontramos un video  "El Antiguo Egipto para niños" no que se 
explicaba  de forma moi sencilliña a historia de Exipto.
No libro aparecia algo moi importante para os exipcios, as pirámides, 
como a de Guiza.
                          

Algo que lles chamou moito a atención foron os xeroglíficos, tanto lles 
gustou que a profe  Auria deixóulles uns mensaxes secretos que eles 
tiveron  que descifrar.