miércoles, 22 de marzo de 2017

CONSTRUÍNDO BATEAS

Xa que estamos co tema do mar, a profe Loli trouxo uns materiais para facer unha batea de mellixóns.
Quedou moi chula e encantoulle a todolos nenos e nenas da clase.



O MONSTRUO DE CORES

A pasada semana quixemos ler un conto no patio da escola xa que facía un día estupendo e a profe Bea leu "o monstruo de cores" que fala sobre as emocións.
A todos gustounos moito a experiencia e esperamos repetir pronto




SAÍDA AO MERCADO DE CARBALLO E CINE

O pasado 14 de marzo fixemos unha saída ao mercado de Carballo onde puidemos visitar o mercado municipal e despois de merendar xogaron todos no parque .
Despois vimos a peli "buscando a Dori"no cine de Carballo, algún neno tivo un pouco de medo porque era a primeira vez que ía ao cine pero aínda así gustoulles a todos a experiencia.


















DÍA DA MULLER

O pasado 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora , fixemos unha manualidade moi chula para darlle as nais para agradecer o esforzo que fan todolos días do ano.
Estivemos tamén vendo algúns contos relacionados co tema e sacamos unhas fotos moi chulas que vos deixo a continuación.











miércoles, 8 de marzo de 2017

ENTROIDO

O venres 24 celebramos o entroido todo o CRA, cada escola fixo a sua actuación relacionada co mar ,tivemos mariscadoras, peixes, surfistas, piratas e buzos!!Houbo tamén o concurso de disfraces das familias , este ano o premio foi conxunto xa que as familias da  escola de Oca e as de Valenza o fixeron moi ben.
Despois tomamos doces de entroido que fixeron as familias, estaba todo moi rico. Pasamolo xenial , aquí vos deixo as fotos para que as vexades.