domingo, 30 de marzo de 2014

Cumple de Nerea Bujan

O pasado día 26 aproveitando que a profe e Nerea estaban de cumpreanos , fixemos unha pequena merenda especial na escola. Como Dani non podía tomar doces, a mestra mercoulle uns cromos dos que mais lle gustaban e así todos poidemos pasalo moi ben cantando bailando e abrindo os agasallos.Nerea regaloulles as nenas uns estoxos de maquillaxe e aos nenos un boneco con paracaidas que se o tiras dende moi alto voa!!
Nerea esperamos que cumpras moitos anos mais. Moitas felicidades!!

Despedímonos da profe María

Despois de moitos meses con nos, a profe de relixión despídese de nos xa que a semana próxima volve a profe Virginia, dende a escola de Feiranova damoslle as gracias por todo e esperamos que lle vaia moi ben no seu próximo cole.
Entre todos fisemoslle unha postal , un broche coa sua inicial e algún neno ata lle fixo un debuxo cunha oración e Claudia unha manualidade relacionada con Xesús. Que artistas!!.
Despedímonos de María e damoslle a benvida a Virginia que xa temos ganas tamén de vela.Aquí vos deixo as fotos para que as vexades.

Aprendemos outros paises e culturas

Aproveitando que estamos estudando as diferentes culturas, decidimos investigar sobre tradicións e costumes doutros países.Cada neno e nena escolleu o país que prefería e buscou información sobre el para logo explicarllo a todos na clase.Gracias ás familias pola colaboración e a axuda.

Investigando sobre o espacio

Levamos unhas semanas investigando sobre os planetas e o universo,descubrimos como se move a terra, a lúa, a orixe das estacións do ano, do día e da noite... Escribimos nunha nave espacial a quen levariamos ao espacio se algún día fosemos a outro planeta.Queredes ver o que contestaron? Aquí vos deixo as fotos e dende aquí dou as gracias as familias que nos aportaron materiais sobre este proxecto.

visitounos Chanel !!

Hola a tod@s, seguro que estades pensando quén é Chanel... pois a nova cadeliña de Claudia, que nola trouxo un día a escola para que todos a coñeceramos, aínda é moi pequeniña e tivemos que ter coidado de non pisala!!.A ver se nos visita mais veces e vemos como vai medrando. Que sorte ten Claudia por ter unha cadeliña tan fermosa e boa ...

Día do pai

O pasado 19 de marzo foi o día do pai e desde a escola de Feiranova tódolos nenos e nenas quixeronlle facer uns agasallos Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades o que fixeron estes pequenos artistas

viernes, 14 de marzo de 2014

saíu o sol!!

Despois de tanta choiva, por fin saíu o sol!! e aproveitamos para merendar no xardín da escola e xogar a todas aquelas cousas que non podíamos dentro de clase como ao fútbol, a baixar polo tobogán, montar nos columpios... Aquí vos deixo unhas fotos do ben que o pasamos.