martes, 24 de septiembre de 2013

A visita de Tico

A pasada semana visitounos a mascota da profe, que se chama Tico e é un ratiño moi simpático, a algúns lles daba medo collelo pero aos mais pequenos encantoulles tocalo , era tan suave...
Se traballamos moito na escola e nos portamos ben, vainos visitar todalas semanas.Aquí vos deixo as fotos para que o vexades.


jueves, 19 de septiembre de 2013

cumple de Martina

O martes foi o cumple de Martina, xa cumpliu 4 anos e trouxo uns agasallos para os seus compañeiros e compañeiras moi chulos.Todos cantamos o cumpreanos feliz e sacamos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos e a coroa amarela tan bonita que levaba, parecía toda unha raiña!.Moitas felicidades e que cumplas moitos mais :)

lunes, 16 de septiembre de 2013

cantos cumples!

Hoxe celebramos o cumple de Alejandro, xa ten 4 anos! trouxo uns agasallos moi fermosos para os seus compañeiros/as e todos cantamos o cumpreanos feliz, sopramos as velas na nosa tarta de plastilina e fixemoslle unha coroa moi bonita.
Xa que durante as vacacións e nos primeiros días de curso tamén foi o cumple doutros nenos e nenas da escola e non puidemos celebralo na clase, tamén lle
fixemos unha coroa a cada un e sacamos unhas fotos que podedes ver a continuación, espero que vos gusten.Esperamos que cumplan moitos máis.FELICIDADES AOS 4!

viernes, 13 de septiembre de 2013

BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR.

Hola a todos e todas! xa estamos outra vez aquí, despois das vacacións volvemos coas pilas cargadas e con moitas ganas de traballar.
Este ano, marcharon da escola dous nenos os que todos querían moito, Jonathan e Sergio, pero estamos seguros de que lles irá moi ben no novo cole e esperamos que nos veñan a visitar.
Desde aquí tamén lle damos moitos saudos á profe Bea e aos outros profes que xa non están no noso cole e tamén desexamos que lles vaia xenial nos seus centros e que tamén veñan de visita.
Este curso viñeron dous alumnos novos, Nerea e Ángel de 3 anos, e esperamos que o pasen moi ben no cole e que aprendan moito, seguro que sí porque todos e todas estamos axudandolles para que se integren moi ben xa que os primeiros días costa un pouco pero eles estanse adaptando xenial!.
Benvidos a todos e esperamos que disfrutedes do noso blog coas cousas que iremos colgando.
Un saúdo.
Silvia.