martes, 4 de julio de 2017

Festa fin de curso CRA NOVO MENCER.

O pasado 23 de xuño celebramos o fín de curso tódalas escolas xuntas como é habitual ano tras ano.
Celebramos o acto de graduación do alumnado que se vai de segundo de primaria e despedimos tamén aos nenos e nenas da escola de Valencia que con toda a pena do noso corazón pecha este ano.
Quixera dar unha mención especial a Alejandro e Martina que marchan para o CPI , espero que lles vaia todo moi ben e que sigan sendo uns rapaces tan estupendos e agarimosos, botaremolos moitísimo de menos.
Despois da graduación fixemos uns xogos coas familias e tomamos unha merenda que estaba moi rica!.Esperamos que o pasarades todos xenial e que disfrutedes moito do verán que ben merecido o tedes.Ata setembro!