miércoles, 27 de noviembre de 2013

Estudamos o corpo humano

Estas semanas estivemos estudando o corpo humano, cando nacemos, os nosos ósos, articulacións... e dende aquí damos gracias ás familias que nos aportaron libros sobre o corpo, radiografías, ecografías e incluso un video de cando Juan estaba na barriga da sua nai e unha ecografía dos seus irmáns mellizos que puidemos ver no encerado dixital.Aprendemos un montón de cousas e ademais pasamolo xenial xa que é un tema que nos interesou moito.
Aquí podedes ver as fotos espero que vos gusten.


viernes, 22 de noviembre de 2013

FIN DE CURSO

A profe Bea trouxo un agasallo moi especial, as fotos de fin de curso 2012-2013 que quedaran sen publicar, ¿qué vos parece se as vemos para lembrar ese día tan especial?




Aínda que con un pouquiño de retraso non quería deixar sin mostrar as fotiños tan chulas da festa de fin de curso.... que ben o pasamos!!!!!
Na festa houbo un pouquiño de todo teatro, marionetas, música e poesía. Celebrouse na escola de Feiranova, ese día convertida en barco pirata.....

Os primeiros en actuar fomos nós, representando o conto da RATIÑA PRESUMIDA.

Preparándonos para actuar


          Cando xa estaban todos guapísimos comezaba a 
nosa actuación coa narración do conto de man de Jonatahan 
 

A ratiña estaba barrendo diante da sua casiña cando......

se encontrou, uhna moeda de ouro 

Con ela, decidiu mercar un laciño para o seu rabiño 


Estaba tan guapa... que todos os animaliños pasaron por alí 

Ratiña, ratiña que guapa estás... quéreste casar conmigo? 

o galo, o gato, o can

o porco 

 o león 

o burro

O pato 

pero co que decidiu casar foi o ratiño 

e todos os animais estiveron invitados á voda. 


Outro momento importante de este días foi o momento da graduación dos nenos/as que rematan segundo de educación primaria:

Entrega dos diplomas





Despedimonos con moita pena deste 5 estupendos nenos/as que remataron a súa etapa na escola
 
Noraboa chicos!!!!!!!


Por se non fora pouco todavía quedaba a busca do tesouro:
 
 
 












 
 


 

martes, 12 de noviembre de 2013

¡ cantos euros!

Hoxe como estamos traballando cos euros e cos céntimos, cada neno recibiu cartos para aprender a manexar os billetes e as moedas, a pena é que non fosen de verdade xa que algún xa pensaba no que iba a mercar con tanto diñeiro!.Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades que contentos se puxeron cando recibiron todos eses cartos e canto traballaron utilizando os billetes e as moedas.

unha visita moi especial

O pasado luns tivemos unha visita moi especial na nosa escola... a profe Bea visitounos e ademais ¡ trouxo un agasallo, un puzzle de Nemo! a todos nos fixo moita ilusión que viñese e todos lle contaron o que fixeran no verán e que tal lles foi o comezo de curso.Esperamos que veña a visitarnos mais veces.Moitas gracias e un bico grande de todos e todas.

baile de samaín

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow customized with Smilebox

lunes, 4 de noviembre de 2013