Esta semana estamos traballando os euros e coa axuda das familias que trouxeron caixas de diferentes productos montamos unha tenda na clase.
Encantalles facer de tendeiros e de clientes e así practicamos cos euros.
Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades o ben que o pasan.
miércoles, 6 de abril de 2016
Paisaxe de montaña
Estes días en ciencias sociais estamos traballando as diversas paisaxes, de costa ,de montaña, de chaira... e os alumnos e alumnas de primaria quixeron facer un pequeno mural sobre a paisaxe de montaña.Quedoulles moi chulo como podedes ver nas fotos.
cumpreanos de Alexia
Este luns día 4 celebramos o cumpreanos de Alexia que xa ten 5 anos! soprou as velas cos compañeiros e compañeiras de clase e cantamos o cumpreanos feliz.
Trouxo uns paquetes de chuches moi ricas e todos lle deron un bico e unha aperta moi forte, desexamos que cumpras moitos moitos máis.
Trouxo uns paquetes de chuches moi ricas e todos lle deron un bico e unha aperta moi forte, desexamos que cumpras moitos moitos máis.
lunes, 4 de abril de 2016
cumpreanos de Nerea Buján
O pasado 26 de marzo Nerea cumpriu 8 anos , celebrouno por todo o alto na clase, ata houbo piñata e todo!! soprou as velas , cantamos, bailamos e repartiu as chuches que trouxo.
Moitas felicidades e que cumpras moitos moitos máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)