Bos días !!! O 25 de maio estivo de cumpreanos un neno que este ano remata Infantil!!!!Jose!!!! Trouxonos uns doces riquisimos e dounos un cucurucho de chuches gigantesco!!!
En Feiranova xa temos unha horta pequeniña. Nela plantamos as habas que tiñamos na aula xa un pouco crecidiñas. Tamén leitugas para facer ricas ensaladas. E onte plantamos cebolas e allos. Solo nos queda un oquiño de terra que será para as cenouras. Aínda que estas primeiro as vamos plantar en semilleiros na escola, para logo transplantalas á horta. Estamos moi contentos coa nosa hortiña. Estamos desexando que crezcan para levalas a casa e compartir coas nosas familias!!!
O martes viñeron á nosa escola todos os nenos e nenas do CRA. Celebramos o día da muller traballadora e a Semana da Prensa, compartindo as noticias que creamos sobre mulleres importantes da historia. Tras disfrutar da merenda e do recreo, tempo que aproveitamos para facer novos amigos, cada mestra leu un contiño de dita muller e puidemos elexir cal deles queriamos escoitar. Pasamolo xenial e temos ganas de repetir pronto. Encántanos estar todos xuntos!!!