viernes, 3 de marzo de 2017
II xornadas de convivencia do Cra
O pasado 20 de febreiro na escola de Feiranova xuntouse todo o alumnado e mestres do Cra para facer unha xornada de convivencia .Ensaiaron para o festival de entroido e fixeron diferentes talleres. Tamén houbo tempo para merendar e xogar todos xuntos.
jueves, 2 de marzo de 2017
Traballando o mar
Este trimestre estamos traballando o proxecto das mariscadoras coa profe Loli. Trouxo unhas cunchas moi fermosas e os nenos e nenas están aprendendo moitas cousas sobre o mar.
Preparando o entroido
Estas últimas semanas estivemos preparando o entroido, os nenos e nenas coa axuda da mestra fixeron uns peixes moi fermosos xa que este ano o tema do CRA era o mar.Aquí vos deixo as fotos de como traballan no seu disfraz.
Día da paz
O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da paz, aínda que a paz ten que estar connosco todolos días!
fixemos uns debuxos e coa profe de relixión unhas pombas moi fermosas.
Deixovos cunha frase de Eleanor Roosevelt que dí:
"Non basta con falar de paz.Un debe crer nela e non é suficiente con crer. Hai que traballar para conseguila".

Suscribirse a:
Entradas (Atom)