martes, 15 de marzo de 2011

O ENTROIDO

Celebramos o Entroido con diferentes actividades: fixemos filloas, disfrazámonos e participamos dunha xornada festiva coas outras escolas do CRA. O día 4 de marzo foi cando nos xuntamos todas as escolas. Como o tema elixido era a auga alí fomos vestidos de mar, río, praia, nubes e equipo de piscina.
Recibimos a visita de DROP e cantamos as nosas cancións. Logo participamos en distintos xogos, merendamos e bailamos. ¡Foi moi divertido!

No hay comentarios: