Esta semana empezamos a xogar cunhas tarxetas con debuxos e nomes, lanzamos as tarxetas no rincón da asamblea e cada neno e nena ten que buscar unha letra, neste caso "A" que se agocha no nome de diversos obxectos e animais.Nerea Esmorís foi a que máis letras "A" atopou!! e todos lle demos un gran aplauso aínda que todos o fixeron moi ben.Esta semana cada nen@ terá unha caixa propia cun montón de tarxetas para poder xogar e aprender na clase.Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades con canto interés buscaban nas letras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario